O pasado xoves 5 de decembro do 2024, Ardentía tivo a honra de participar no programa ZigZag Diario da Televisión de Galicia 2, presentado por Pilar García Rego. Durante a entrevista, os nosos compañeiros Luis Prego e Cristóbal Pascual fixeron un emocionante percorrido polos 35 anos de historia de Ardentía, recordando os momentos máis destacados e compartindo a nosa traxectoria no mundo da música e a cultura galega. 

Agradecemos ao equipo de ZigZag Diario pola súa acollida e pola oportunidade de conectar coa audiencia galega.

Unha formación musical galega fundada en 1989, adicada á promoción e difusión da rica tradición musical de Galicia. Coa súa enérxica e participativa actuación, combinando música tradicional e cantigas populares nunha atmosfera festiva, Ardentía transmite a súa paixón pola cultura musical galega. A súa excepcional calidade nas composicións leváronnos a que moitos dos seus temas sexan interpretados por grupos destacados dentro do panorama musical galego e a que colaborasen con recoñecidos músicos. A banda recibiu numerosos premios e recoñecementos da crítica especializada e do público. Participaron en festivais destacados tanto en Galicia como no estranxeiro, onde puxeron de manifesto o seu talento musical. Ardentía tamén se implicou en proxectos de divulgación e estudo dos instrumentos populares galegos, achegando a súa paixón pola música ás escolas e facultades da rexión, ademais de crear xogos e cancións destinados aos nenos. A diversidade instrumental da banda, que inclúe gaita, saxofón, acordeón, zanfona, bouzouki, guitarra acústica, contrabaixo, frautas, percusións e voces, é unha das súas características distintivas. A través do seu compromiso e dedicación, a música de Ardentía continúa a enriquecer a nosa cultura e a deixar unha pegada perdurable no panorama musical galego.

Redes sociais

FacebookInstagramYouTubeSoundCloud